
Damián
Damian Martinez foi unha peza fundamental durante moitas tempadas no Club Balonmán Narón. Un dos orixinais trala fusión dos dous equipos da comarca, O Narón e o Ferrolterra. Un xogador polivalente que aporta dende calquera posición dentro da pista, pero non só iso, xa que tamén é unha peza fundamental fora dela, polo seu compromiso e dedicación. A tempada 2024-25 Damián decidiu colgar as botas por mor do traballo, pero dende o club sempre deixaremos as portas abertas a un dos nosos, polo que isto non foi un adeus, senón un ata pronto amigo!





Grande Damián!