Crowdfunding Torneos Base
Portugal 2026
O equipo infantil e o equipo cadete do Balonmán Narón están a preparar unha viaxe a Portugal este verán, cheo de emoción, aprendizaxe e momentos inesquecibles. Cada partido, cada sorriso e cada esforzo que fan na pista merece ser recompensado con esta experiencia única.
Pero para que isto sexa posible necesitamos da túa axuda e solidariedade. Calquera achega, por pequena que sexa, axudará a que os nosos xogadores e xogadoras poidan viaxar, convivir con compañeiros e compañeiras doutras cidades e seguir medrando como deportistas e como persoas.
Carballo 2026
Pola súa parte os equipos benxamín e alevín do Balonmán Narón non se queren quedar atrás e están a preparar outra viaxe a Carballo ‘para xogar o torneo de balonmán que se disputará na mesma cidade. Esta experiencia será un dos primeiros pasos no deporte deste e destas pequenos e pequenas, co obxetivo de xerar vinculos tanto cos compañeiros e compañeiras, cos rivais e, sobre todo co balonmán e a vida saudable.
O igual que para a viaxe dos equipos infantil e cadete, tamén precisamos de axuda e solidariedade, polo que calquera achegaserá de axuda para facer esta experiencia posible.
Converte o teu apoio en alegría, aprendizaxe e emoción para estes rapaces. Xuntos podemos facer que este verán sexa inesquecible.
💛 Balonmán Narón: máis que un deporte, unha familia.

