O noso club
A vangarda do balonmán dende 1991
Desde o ano 1991, o noso club, o Club Balonmán Narón, mantense á vangarda do deporte na nosa comarca. Promovemos o balonmán como unha auténtica escola de vida e un espazo de crecemento persoal. A nosa prioridade é o traballo coa base, formando nenos e nenas na técnica e na táctica. Tamén inculcamos os valores que o deporte transmite: esforzo, compañeirismo, respecto e superación persoal. Estes valores acompañan a cada xogador e xogadora dentro e fora da pista.
Contamos cun equipo sénior que reflicte o camiño percorrido polos xogadores e xogadoras da canteira. Eles e elas encarnan o espírito de compromiso e dedicación que define o club. O seu exemplo amosa que o esforzo constante é o mellor camiño cara ao crecemento colectivo e individual. Inspiran ás novas xeracións que seguen os seus pasos con ilusión e orgullo
Por enriba de todo, somos unha gran familia deportiva. Somos unha comunidade que vai máis alá da competición e que serve de apoio constante na vida cotiá. As ligazóns que nacen na pista perduran fóra dela e lembran que o balonmán non só se xoga: tamén se vive.
Historia do clube
Xunta Directiva do noso club

Presidente
Alejandro Basoa Díaz

Vicepresidente
César de Castro González

Tesorero
Salvador Basoa Rodríguez

Secretaria
María Torrente Rodríguez

Vocal
Hugo Piñón Beceiro

Vocal
Paula M. Foces López

Vocal
Óscar Gómez Montero

Vocal
Amaya M. López Menchara

Vocal
Elena díaz Blanco

Vocal
Rosario Castro Martínez

Vocal
Beatriz Cereijo Rivera

Familia
No Balonmán Narón somos unha gran familia, na que todos colaboramos e nos apoiamos dentro e fora da pista.

Inclusión
No deporte todo o mundo ten cabida, sin importar a experiencia ou habilidades, polo que no clube as nosas portas sempre estan abertas.

Respeto e igualdade
Os nosos pilares son o respeto, o compañerismo e a igualdade. Son a esencia do noso clube.




































