Os nosos equipos
A nosa base
Os nosos equipos base para a campaña 2025/26 son: cadete, infantil e benxamín/alevín, os cales son moito máis que simples grupos deportivos. Son un pequeno reflexo do equipo senior, do que algun día formarán parte, aprendendo, non só habilidades deportivas, senón tamén os valores que nos definen.
Aquí, todos nos sentimos como nunha gran familia: apoiámonos uns aos outros, fomentamos o respecto, a igualdade e a cooperación, e celebramos xuntos cada logro e cada esforzo. Esa sensación de familia pódese observar tamén nos partidos: os máis pequenos animan ao equipo senior e, á súa vez, os maiores acompañan e apoian aos cadetes, infantís e benxamíns/alevíns.
Ademais, compartimos momentos especiais como a convivencia de final de tempada e varios campus nos que todos participan, reforzando a unión e a alegría de formar parte desta gran familia deportiva.
O equipo senior
O equipo senior do Clube Balonmán Narón combina experiencia e xuventude: veteranos con anos de traxectoria xunto a xogadores junior cheos de enerxía e ilusión. Pero esa diferenza de idade e experiencia non impide que estemos unidos; todo o contrario, todos nos levamos moi ben somos unha auténtica familia deportiva.
O ano pasado quedamos moi preto de loitar pola Final Four para o ascenso, porén, iso encheunos de motivación para esta campaña. O noso obxectivo para o 2025-26 é claro: loitar pola Final Four e seguir facendo medrar ao noso club con esforzo e compromiso.







