Crowdfunding Torneos Base
No balonmán nacen lazos que perduran toda a vida. Fórxase o carácter, apréndese a caer e a erguerse, a celebrar xuntos cada pequeno paso. En cada adestramento, en cada partido e en cada berro dende a bancada late algo máis grande ca un club, late unha familia, o Club Balonmán Narón.
Dende os nosos inicios en 1991 percorremos un camiño cheo de ilusión, sacrificio e soños cumpridos. Cada xogador e cada xogadora, dende os máis pequenos ata os senior, escribe unha páina da nosa historia, unha historia construída con esforzo, compañerismo e orgullo.
A nosa canteira e o corazón de todo o que somos. Ver medrar os nosos equipos e ver como descubren o deporte, as amizades, e a paixón por superarse, é o noso maior tesouro.
Para seguir alimentando a esta familia precisamos do voso alento, o voso apoio e a vosa presenza, co obxetivo de seguir formando xeracións de nenos e nenas que atopen no deporte un segundo fogar, un refuxio.
Xuntos seguiremos soñando, xuntos seguiremos facendo grande este club.
Portugal 2026
O equipo infantil e o equipo cadete do Balonmán Narón están a preparar unha viaxe a Portugal este verán, cheo de emoción, aprendizaxe e momentos inesquecibles. Cada partido, cada sorriso e cada esforzo que fan na pista merece ser recompensado con esta experiencia única.
Pero para que isto sexa posible necesitamos da túa axuda e solidariedade. Calquera achega, por pequena que sexa, axudará a que os nosos xogadores e xogadoras poidan viaxar, convivir con compañeiros e compañeiras doutras cidades e seguir medrando como deportistas e como persoas.
Carballo 2026
Pola súa parte os equipos benxamín e alevín do Balonmán Narón non se queren quedar atrás e están a preparar outra viaxe a Carballo ‘para xogar o torneo de balonmán que se disputará na mesma cidade. Esta experiencia será un dos primeiros pasos no deporte destes e destas pequenos e pequenas, co obxetivo de xerar vinculos tanto cos compañeiros e compañeiras, cos rivais e, sobre todo co balonmán e a vida saudable.
O igual que para a viaxe dos equipos infantil e cadete, tamén precisamos de axuda e solidariedade, polo que calquera achega será de axuda para facer esta experiencia posible.
Converte o teu apoio en alegría, aprendizaxe e emoción para estes rapaces. Xuntos podemos facer que este verán sexa inesquecible, colaborando cunha achega que converta o soño destas viaxes en realidade, prememdo na seguinte ligazón proporcionada pola Fundación Amare Terra.
Contribúe coa túa achega
💛 Balonmán Narón: máis que un deporte, unha familia.

