Xornadas de portas abertas

Datas

Durante o mes se setembro realizaremos xornadas de portas abertas para todo aquel ou aquela que desexen probar o balonmán. As xornada realizaranse os luns en mercores no pavillón de A Gándara de 16:00 a 17:30, e os venres no mesmo horario no pavillón de As Lagoas

Para quén están dirixidas?

Para todo aquel ou aquela que teñan interés en facer amigos, pasar un rato divertido e formar parte da familia do Balonmán Narón, sen importar a experiencia previa ou os coñecementos deste fantástico deporte.

Cómo son os adestramentos?

O Clube Balonmán Narón conta con adestradores cualificados que planifican os adestramentos coa finalidade de aprender e disfrutar, de acordo cos valores do clube.

Vantaxes

E ben sabido que o deporte proporciona un sin fin de vantaxes tanto para os pequenos e pequenas como para os mais maiores, e mais ainda si se practica nun ambiente sano e familiar co espirito deportivo como bandeira, como ocorre no Clube Balonmán Narón

Se quero probar, cómo poido contactar?

Se queres dar os teus primeiros pasos no balonmán podes contactar por calquera dos medios de canle do clube, xa sexa mediante as redes sociais (Instagram, Facebook…) ou mediante co correo electrónico.

Agardámoste

Recorda que as portas do noso clube están sempre abertas.

Publicaciones Similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *